Pacto dos Alcaldes polo Clima

Fene recibirá en breve os contedores de lixo orgánico como membro que é dese pacto.
15 de Marzo, 2019 - 01:47 h. | Publicada por Radio Fene

Reducir o lixo común, un alumeado público máis sostible, sustituir os veículos municipais para reducir a contaminación, e outra medidas son necesarias para loitar contra o cambio climático.

ESCOITA O PODCAST:

A activista xuvenil sueca Greta Thunberg emprendeu unha protesta que a convertería en poucos meses no símbolo do movemento xuvenil de loita contra o cambio climático, que promete encher moitas prazas europeas nesta xornada de folga estudantil do 15 de marzo. Precisamente hoxe acudian ao concello de Fene os técnicos da Xunta de Galicia que asesorarán ao concello en materia medioambiental como membro que é do Pacto dos Alcaldes polo Clima. É esta a primeira toma de contacto dos técnicos co concello antes de formular as súas propostas en materia medioambiental. En palabras de Gumersindo Galego, o goberno municipal xa empezou a dar os primeiros pasos coa instalación de alumeado leb no paseo marítimo de San Valentín, ao que lle seguirá unha nova fase. Tamén están a punto de chegar os contedores marróns para o lixo orgánico que se instalarán na zona urbana. Con esta medida reducirase o volume de residuos nos contedores verdes e, como consecuencia, se rebaixará a taxa a pagar por este servizo. Outros compromisos de Fene no Pacto dos Alcaldes polo Clima é ir transformando a flota automovilísta municipal por coches menos contaminantes. Este mediodía o Alcalde, Gumersindo Galego, e o concelleiro responsable da área, Andrés Serantes, mantiñan o primeiro contacto con membros da comisión que avaliará o concello de Fene para buscar máis xestos de compromiso co medioambiente e co clima.

Institucional

Publica o teu comentario agora