Pagarán entre todos

O Pleno de Fene aprobou o acordo extraxudicial esta mañá.
21 de Novembro, 2019 - 10:04 h. | Publicada por Radio Fene

Augas de Galicia asumirá a débeda dun millón de euros polos gastos ocasionados pola estación de bombeo das Cagallas. A partir de xaneiro asumirán os gastros proporcionalmente entre os tres concellos, Ares, Fene e Mugardos.

ESCOITA O PODCAST:

Augas de Galicia asumirá o custo da débeda da estación de bombeo das Cagallas sita en Mugardos. Un millón de euros acumulouse de débeda por un erro que provocou que ninguén asumira o gasto enerxético e que quedase nunha especia de limbo. A partir dagora, mercede a un acordo extraxudicial, os tres concellos, Fene, Ares e Mugardos, faranse cargo desde o 1 de xaneiro dos custes que xenere esa estación de bombeo. O Concello de Fene aprobou esta mañá, en pleno celebrado ás 8 da mañá, o acordo extraxudicial cos votos favorables do PP e a abstención de BNG, PSOE e EU.

Os tres grupos da oposición defenderon que este asunto debera debaterse con maior profundidade e con menor premura. Os voceiros dos tres grupos coincidiron en que o problema xa ven do mes de xullo e que realmente se enteraron hai duas semanas. Juventino Trigo explicou que votaba abstencion en positivo para non perxudicar os intereses veciñais. Mar Piñeiro dixolle ao PP “non xogamos na mesma liga” para explicar que con descoñecemento dos asuntos non se poden tomar decisións acertadas. EU concluiu que é a última vez que é cómplice do goberno e vota por responsabilidade coa veciñanza. O alcalde reiterou aos grupos da oposición que foi informando continuamente dos avances en xunta de portavoces e que o borrador do acordo extraxudicial entregouse a todos os grupos hai máis dun mes. Gumersindo Galego reprochoulles que nos plenos de Ares e Mugardos celebrados antonte, os mesmos grupos políticos votaron favorablemente.

O Pleno aprobou tamén de urxencia unha declaración asinada polos sindicatos CCOO, UXT e CIG en defensa das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal no sentido de chamar á cidadanía a manifestarse o próximo xoves dia 28. Unha movilización que demanda o AOR para Armada española, no caso do sector naval; o tren; a tarifa eléctrica e a mellora das infraestructuras; a eliminacion da peaxe na AP-9; diversificación industrial en enerxías renovables; apoio ao sector marisqueiro ou fomento do turismo a través do Camiño inglés. Este asunto tivo un apoio unánime.

Institucional

Publica o teu comentario agora