Pagarán xustos por pecadores?

Pagarán xustos por pecadores?
14 de Outubro, 2020 - 01:07 h. | Publicada por Radio Fene

A Universidade de Granada ten 236 contaxiados de coronavirus e 840 illados. O corpo docente rexistra 22 contaxios e 148 en illamento. Falamos disto con José Barcia, psicólogo de Kinesalus.

ESCOITA O PODCAST:
José Barcia. Psicólogo

O psicólogo José Barcia explica que non se pode xeneralizar se falamos da COVD 19, tampouco se debería noutros.  Non se debe botar a culpa ao colectivo máis novo por esta serie de contaxios xa que o grupo a englobar é demasiado grande.

“O que teñen en común e que son universitarios” di o psicólogo facendo fincapé en que non é un factor clave para a expansión do virus. Ademais, hai que ter en conta que a Universidade de Granada acolle todo-los anos unha gran cantidade de estudantes de intercambio. Estes non veñen só de outros puntos de España, taménn hai afluencia de xente do continente Americano, África ou Asia.

Por este motivo, facer unha alarma social por culpa dos estudantes non ten moito sentido. Como o psicólogo explica “son unha mostra da sociedade” polo tanto haberá moitos tipos de comportamentos diferentes.  Toda esta polémica nace dunhas imaxes que se difundiron polos medios de comunicación e as redes sociais. Nelas víase como se incumprían moitas medidas de seguridade.

Este foi o motivo polo cal se estudou o illamento dos universitarios, para José Barcia isto carece de sentido. Cando se estudaron as imáxenes chegouse a conclusión de que parte dos asistentes si eran estudantes de grao, mais non todos. Hai que ter en conta que moitos dos estudantes viven cos pais ou en residencias e proclamar un illamento afectaría, tamé, a todos os que vivan ao seu arredor. Por iso, para tomar este tipo de decisións hai que ter moitos factores en conta, neste caso hai que esperar para saber se pagan xustos por pecadores.

Sociedade

Publica o teu comentario agora