Pagar menos

O Pleno de Fene aprobou a modificación á baixa de catro ordenanzas municipais
15 de Outubro, 2018 - 12:54 h. | Publicada por Radio Fene

A veciñanza de Fene disfrutará de novas rebaixas fiscais ao aprobar a corporación esta mañá aspropostas do goberno do PP e Somos Fene sobre catro ordenanzas relacionadas co IBI, a circulación de veículos, cemiterio e  o lixo. Agora poranse a exposición publica durante 30 dias hábiles e aplicaranse a partir do un de xaneiro de 2019.

ESCOITA O PODCAST:

A veciñanza de Fene disfrutará de novas rebaixas fiscais ao aprobar a corporación esta mañá as propostas do goberno do PP e Somos Fene sobre catro ordenanzas relacionadas co IBI, a circulación de veículos, cemiterio e a recollida do lixo. Nun pleno urxente celebrado esta mañá prosperaron cos votos favorables de PP, Somos Fene, nalgunha sumouse o PSOE e nunha delas houbo unanimidade. Agora poranse a exposición publica durante 30 dias hábiles e aplicaranse a partir do un de xaneiro de 2019. O BNG presentou alegacións ás catro ordenanzas que o pleno non lle aceptou por non presentarse avaladas dun informe. O portavoz nacionalista protestou pola premura de tempo que o fixo imposible.

A proposta do goberno municipal contempla unha redución no recibo do IBI do 0,64 actual ó 0,60 en inmobles de natureza urbana e rústica. Así mesmo, tamén se plantean bonificacións do 75% no recibo para as familias numerosas de categoría especial e do 50% para as familias numerosas de categoría xeral, sempre que o inmoble sexa vivenda habitual para toda a familia. A Concellería de Facenda plantexou a creación dunha tarifa reducida na taxa do lixo para os locais sen actividade empresarial ou comercial. Será unha tarifa única de 91,19 euros no servizo de tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos. As bonificacións na rodaxe dos coches van dirixidas a vehículos respectuosos co medio ambiente e fíxase a exención para conductores con discapacidade, con independencia do seu grao de minusvalía. Contemplanse bonificacións do 75%. No servizo de cemiterios o goberno local aboga por evitar duplicidades no pago das taxas nos casos de exhumacións e inhumacións, como ocorre ata agora. Tamén se pretende rebaixar a taxa por traslado de cinzas dos 105 euros actuais ós 50 euros.

Tanto o BNG como o PSOE aínda coincidindo coas iniciativas do goberno local, presentaron propostas novas en cada unha das ordenanzas obxecto de modificación.

As emendas que presentou o Grupo Municipal do BNG e que foron rexeitadas foron:

- Ordenanza que regula o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica o BNG proporá a bonificación do 100% aos vehículos históricos, tal é como está nos concellos da comarca. Bonificación aos vehículos de servizo público adaptados á persoas de mobilidade reducida. - Ordenanza que regula o Imposto de Bens inmobles, a proposta foi que as familias numerosas obterán a bonificación sempre que non superen 3,5 veces o salario mínimo - Ordenanza que regula a taxa de recollida do lixo, a proposta a modificar era que as persoas solicitante so poderán ter un vehículo na vivenda obxecto da solicitude, na ordenanza actual ter un vehículo impide solicitar a bonificación por motivos económicos.

Os socialistas consideraron a pertinencia das catro modificacións propostas e finalmente aprobadas pero fixeron as súas aportacións que presentarán como alegacións no prazo previsto. Na modificación da taxa do lixo propoñen que ter un coche ou 2.500€ na conta bancaria non os exima de optar ás bonificacións na taxa. Extender as axudas á compra de veículos ás familias con problemas económicos ou facer o propio no caso do IBI, contemplando a renda per cápita.

A voceira de EU abstívose en todos os casos deixando clara a súa postura contra a maneira de facer do goberno local, "que impediu o debate anterior ao pleno".

Institucional

Publica o teu comentario agora