A paixón e crueldade de A muller xusta

A paixón e crueldade de A muller xusta

27 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañia vasca Tantakka Teatroa puxo en escena onte sábado en Narón a coñecida obra do húngaro Sándor Márai  “A muller xusta”. Paixón amorosa e crueldade xuntanse nesta peza.

Tres monólogos completados pola intervención dun personaxe transversal relátannos uns acontecementos. Cada un ten o seu punto de vista, en todos os casos non coincidente coa da súa antagonista, pero entre os tres, e a testemuña, o espectador pode facerse unha composición de lugar. A representación celebrouse no Pazo da Cultura de Narón.

Cultura