Paixón por Ferrol preséntase en Madrid

Paixón por Ferrol preséntase en Madrid

14 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Paixón por Ferrol” preséntase en Madrid. O Concello ferrolán e o Plan de Dinamización Turística organizan un acto protocolario para promocionar a Semana Santa, que se desenvolverá o xoves da vindeira semana en FITUR, unha das tres feiras de turismo máis importantes do mundo.

O alcalde de Ferrol Vicente Irisarri intervirá no acto onde se promocionarán de xeito conxunto os actos litúrxicos, procesións, o salón Equiocio e as visitas guiadas. Asimesmo dentro do paquete turístico tamén se inclue un festival musical, exposicións, o tren turísticio e a oferta gastronómica. FITUR desenvolveráse en Madrid entre o mércores 20 e o domingo 24. Cumpre a súa trixésima edición e reunirá a 11.000 empresas, de 170 paises que ocupan 75.000 metros cadrados.

Sociedade