Palimoco Teatro actúa hoxe no programa “Cultura Aberta” de Lugo

Palimoco Teatro actúa hoxe no programa “Cultura Aberta” de Lugo

05 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O teatro é o protagonista de hoxe no programa organizado pola área de Cultura da Deputación Provincial, dirixida por Antón Bao, “Cultura Aberta”. Será a partir das 18.30 horas, nos xardíns da Deputación, cando se poña en marcha a obra de Palimoco Teatro: “Mil pasos: o rato de biblioteca”.

Inicialmente dirixida aos mais pequenos, a bo seguro que a algún adulto lle farán gracia as aventuras de Horacio, un bibliotecario maior e retirado que atopa o amor no seus libros e na súa axudante Uxía, da que agora só lle queda unha foto. É entón cando coñece a un estudante de Lugo ao que lle amosará todo o seu universo libreiro.

 

 

Baixo esta introdución se agocha o espectáculo desta compañía galega, que combina unha labor formativa e pedagóxica para os mais pequenos, co entretemento propio deste xénero literario.

Cultura