Paloma Rodríguez: “O Naval é un sinal de identidade nesta comarca”

Paloma Rodríguez: “O Naval é un sinal de identidade nesta comarca”

20 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os candidatos e candidata a deputados da comarca, debaterán o venres dia 21 de outubro en Fene sobre o sector naval. Arsenio Fernández de Mesa do Partido Popular, Paloma Rodriguez do PSOE e Francisco Jorquera do BNG participarán nunha mesa redonda organizada por Iniciativa Empresarial del Noroeste- IEN- O conselleiro de Industria Javier Guerra clausurará o acto que comezará ás oito da tarde na Casa da Cultura de Fene.

A candidata socialista, Paloma Rodríguez, adiantaba esta mañán o seu sentir con respecto ao sector naval, afirmando que é algo máis que o sustento económico para milleiros de familias da comarca, tamén un sinal de identidade, unha maneira de entender todo. Rodriguez defendeu, na entrevista en Radio Fene, o relanzamento da construcción naval e apostou porque sexa viable o dique flotante que reclaman os traballadores para potenciar o sector de reparacións.

Paloma Rodríguez alerta, en momentos de crise como este, a permanecer vixiantes pola igualdade porque. Ademais a candidat socialista entendeque esa perspectiva debe estar presenta en todas e cada unha das actuacións políticas.

A candidata socialista ao Congreso, paloma Rodríguez, ocupa o nº 3 da lista pola provincia da Coruña. É mestra no colexio Centieiras de Perlío- Fene e unha experta en proxectos de igualdade. Mañán participa na Mesa sobre o Naval cos candidatos do BNG e do PP , organizada por IEN, na Casa da Cultura de Fene.

Sociedade