Para aprofundar na estética de Astor Piazzolla

Para aprofundar na estética de Astor Piazzolla

13 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aprofundar na estética de Astor Piazzolla. Con ese obxectivo naceu no ano 2008, Tiempo cuatro, un grupo de catro músicos de sólida formación académica e experiencia artística. O Novo Tango  da década dos 70 mistúrase con melodias románticas e con efectos sonoros característicos do jazz.

Suso Iglesias (acordeón) Javier Cedrón (violín) Andrés Pazos (piano) e Antonio Romero (contrabaixo) forman o grupo caracterizado pola fusión de estilos. As estruturas de formas clásicas como os preludios, as fugas e as suites evolucionan a través de constrastes rítmicos, improvisacións e construcións harmónicas complexas. Suso Iglesias colabora con Nova Galega de Danza, e tamén é profesor numerario de acordeón no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, onde tamén imparte clases de piano dende 1997, Andrés Pazos.

O próximo concerto de Tiempo Cuatro ofreceráse en Caixa Galicia de Pontevedra o 29 de decembro. O grupo participará nunha homenaxe ao pintor e músico Rafael Úbeda.

Cultura