Para avanzar en dereitos e en igualdade

Para avanzar en dereitos e en igualdade

08 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"As mulleres estarán atentas, organizadas e activas para denunciar as políticas que recorten as coberturas sociais" afirma o comunicado lido ao remate das manifestacións que este mediodia percorreron as rúas céntricas de Ferrol, Santiago e Vigo, para conmemorar o 8 de marzo, Dia Internacional das Mulleres. Na marcha da cidade departamental participaron máis de 150 mulleres gandeiras que están a participar en Pontedeume nun encontro organizado polo S

A manifestación de Ferrol saiu minutos despois das 12,30 da Praza Amada Garcia e rematou no Cantón de Molíns onde se deu lectura a un comunicado. A Marcha Mundial das Mulleres insiste no carácter imprescindible dos recursos púlbicos, para garantir os dereitos conquistados ao longo de décadas de loita feminista, para soster as intervencións contra a violencia machista e para manter servizos básicos como a saúde, a educación, a atención ás persoas dependentes, os programas de educación afectivo sexual, as políticas de integración, ...

O comunicado tamén incide na necesidade de pelexar para evitar que o impacto da crise recaiga sobre todo nos sectores sociais máis desfavorecidos, e especialmente nas mulleres, que xa son "maioría no paro, temos máis eventualidade de precariedade no emprego, e cobramo sun 30% menos de salario".

 

Sociedade