ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
1 de maio, 16 de agosto, 1 de novembro. Coinciden nesas datas algunhas das feiras máis concurridas do ano en Betanzos. Na cidade dos cabaleiros, capital dunha das provincias do antigo Reino de Galicia, vendedores e artesans congreganse na Praza Irmáns García Naveiras todos os dias 1 e 16 de cada mes. Pero o activo comercio betanceiro busca tamén novas alternativas que atraigan visitantes.
Unha nova edición de MercaBetanzos celebraráse na Praza do Campo os dias 10 e 11 de abril. Ademais preparan a Primeira Feira Comercial e Empresarial de Betanzos para o sábado 4 e o domingo 5 de xuño. Concentraránse os stands e as carpas nunha ampla zona do entorno do Pasatempo. De xeito paralelo a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos ACEBE CCA, promoverá na zona actividades culturais e de lecer para nenos e adultos. A iniciativa pretende reunir aos asociados nun gran evento que permitirá aos diferentes sectores asistentes dar a coñecer os seus produtos ou servizos, lanzar promocións, ampliar o número de clientes e potenciar as vendas. Así o refrendou a asamblea de ACEBE que se reuniu o pasado luns baixo a presidencia de Antonia Anido.