Para grelos, os do Val de Xestoso.

Para grelos, os do Val de Xestoso.

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No Val Xestoso preparan a décima edición da Feira do Grelo que se celebrará o domingo 15 de febreiro, o domingo da vindeira semana. Celebraráse no campo da festa de Canedo, totalmente cuberto con carpas cedidas polo Concello de Monfero.

Unha charanga de Vilalba amenizará a festa durante todo o dia e pola tarde un grupo musical arrufará o baile. Os organizadores ofrecerán unha degustación dos grelos de Val Xestoso, acompañados de lacón, costela, orella, chourizo, patacas, pan, viño e postre. Haberá premios ás mellores madas de grelos e á cesta de grelos mellor adornada.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, pronunciará o pregón a partir da unha do mediodia. Tamén actuará o grupo folclórico Virxe da Cela de Monfero e como complemento, organizaranse rotas a cabalo e exposición de maquinaria agrícola. Todo no Val Xestoso en Monfero, o domingo 15 de febreiro.

Sociedade