Para maiores e mulleres

Para maiores e mulleres
07 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Seráns Activos, programa Activa-das, Limpeza de superficies. Actividades que ofrece o Concello de Fene, a través da concellería de Benestar, nunha programación que está a punto de comezar. Falamos dela coa concelleira de Benestar Social, Sandra Permui, que se mostrou a súa satisfacción pola boa acollida que teñen todas estas actividades.

ESCOITA O PODCAST:

Traballar coa memoria e fomentar a convivencia son obxectivos da programación Seráns Activos, como destacou Sandra Permui, que agradeceu a colaboración das asociacións e sociedades que colaboran co Concello para levar as distintas parroquias os obradoiros “Espazo memoria” e “Lembranzas: o banco da memoria”. O obradoiro de “Recuperación da memoria” terá lugar no centro Sociocomunitario de Fene. A concelleira anunciou que os obradoiros comezarán o vindeiro luns, día 9 de outubro. As persoas maiores de 55 anos poden participar nos Seráns Activos, que se realizan en grupos de oito persoas e son de balde. A inscrición está aberta nos Servizos Sociais. 

Permui tamén informou do comezo o luns, día 9, do taller ACTIVA-DAS, dirixido ao colectivo de mulleres con discapacidade. O Concello organiza esta actividade en colaboración coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR. A oferta municipal inclúe tamén formación en limpeza de superficies dentro do programa Emprende en Feminino. Un curso que se impartirá do 6 ao 13 de novembro, en horario de 9 a 14 horas, na Aula do Concello.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora