Para minimizar o risco de accidentes

Para minimizar o risco de accidentes

02 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Casa da Cultura de Ordes acollerá neste mes de xaneiro uns talleres de formación e sensibilización vial para persoas maiores e persoas con discapacidade, totalmente gratuitos. Están dirixidos á terceira idade do municipio, así como a veciños e veciñas de calquera idade que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Estes talleres, organizados pola Asociación Stop Accidentes coa colaboración do Concello de Ordes e subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta, pretenden sensibilizar acerca dos problemas máis habituais nesta materia, co obxectivo de minimizar o risco de accidentes que sofren maioritariamente estas persoas e poder así garantir unha convivencia segura.

Todos aqueles que estean interesados en participar poden recibir máis información e realizar a súa inscrición poñéndose en contacto coa traballadora social do Concello de Ordes. As inscricións empezaranse a realizar a partir do día 30 de decembro.

En canto ás plazas, serán limitadas, haberá 25 para persoas da terceira idade e outras 25 para persoas con discapacidade. Os participantes admitiranse por orde de inscrición.

A concelleira de Discapacidade, Silvia Marín, explicou que con este tipo de iniciativas esperan poder contribuir a facilitar a vida cotiá destes colectivos.

Sociedade