Para a mocidade activa

Para a mocidade activa
13 de Xullo, 2020 - 12:50 h. | Publicada por Radio Fene

Último día para inscribirse no programa “Mocidade activa” que organizan os  concellos de Fene, Mugardos e Neda.

Pilotaxe de drons, fútbol burbulla, fabricación dixital 3D, artesanía electrónica, habilidade maker, como ser Youtuber, radio, habilidades persoais e combate láser. Son as actividades que este ano ofertan os Concellos de Fene, Mugardos e Neda no marco do programa Mocidade Activa, dirixido a rapaces/zas de 11 a 16 anos. Os interesados en participar deben enviar a súa solicitude, hoxe como último día, ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fene por correo electrónico servizos.sociais@fene.gal ou, excepcionalmente, entregala de forma presencial, previa cita nos teléfonos 981342607 / 981492706. As prazas cubriranse por orde de inscricións e unha vez formados os grupos (que deberán contar cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 12), especificaranse os horario e espazos que acollerán cada unha das actividades.

O programa desenvolverase do 15 de xullo ao 15 de agosto, con sesión de dúas horas e media, entre as 11.00 e as 13.30 horas. “Mocidade Activa” encádrase no “Proxecto de prevención de condutas aditivas” e está subvencionado pola Consellería de Sanidade. O seu obxectivo é“favorecer a cohesión social do grupo mediante os obradoiros nos que se reflexiona e sensibiliza sobre as adicións con sustancias ou comportamentais, por medio de actividades e creando espazos de experimentación, de libre expresión e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión”.

Para máis información cómpre dirixirse ao Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín). Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607. Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

Institucional

Publica o teu comentario agora