Para as mulleres do rural

Moeche incorpórase este ano ao proxecto, xunto a Arzúa e Betanzos que tiveron a experiencia o ano pasado.
05 de Setembro, 2019 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

EspadELAS xurdiu para crear espazos de traballo no plano persoal que melloren as condicións de vida das mulleres. Unha politóloga e unha educadora social están destrás da cooperativa Arabías.

ESCOITA O PODCAST:

A Cooperativa Arabías é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa en proxectos centrados na igualdade. Entre eses proxectos está EspadELA, unha escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do rural. A súa coordenadora, Tania Merelas Iglesias, falanos deste proxecto que van impartir, por segundo ano consecutivo, nos concellos de Arzúa e Betanzos, e por primeira vez en Moeche. Os luns impartirase EspadELAS en Moeche, de 16,30h a 18h. No mesmo horario impartirase os martes en Arzúa e os mércores en Betanzos. Comezará  o 16 de setembro e rematará o 18 de novembro.

Preguntámonos por qué se dirixe ás mulleres do rural?. Merelas responde que para rachar co seu aillamento.

Tres liñas formativas ten EspadELAS: Con voz propia (obradoiro para traballar arredor da autoestima e da prevención de violencias machistas); enredad@s ( Obradoiro para trabbalar arredor das novas tecnoloxías) e Habitando o noso corpo ( Obradoiro de autocoñecemento e autocoidado, utilizando ferramentas como a biodanza ou o ioga integral).

As mulleres interesadas destes concellos ou lugares limítrofes poden solicitar máis información ou inscribirse no teléfono 667 384 221 ou escribir a: arabias.coop@gmail.com

Sociedade

Publica o teu comentario agora