Para non perder aceite

Para non perder aceite

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes pon a disposición dos seus veciños e veciñas dende hoxe mércores, un novo contenedor de recollida de aceite doméstico usado. O depósito ubicaráse na rúa Nova, á altura do número 36, e que suma así o séptimo contenedor deste tipo no municipio.

Dende que o pasado mes de novembro de 2008 se puxera en marcha a campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña “Tirar aceite polo fregadeiro contamina”, o Concello de Ordes leva xestionado máis de 4000 litros deste residuo evitando así por cada un destes litros xestionados, contaminar 1000 litros de auga dos nosos ríos.

A Concellería de Medio Ambiente de Ordes anima a todos os veciños e veciñas da vila a que depositen o aceite doméstico usado nestes contenedores, contribuindo a facilitar este servizo coa colocación dun maior número dos mesmos, sendo a previsión para finais deste ano que o municipio conte con outro contenedor máis, sendo así 8 os que estarán instalados na localidade.

Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, “o interese desta campaña de recollida de aceite doméstico usado reside na necesidade de concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe deste residuo polos beneficios que conleva, non só ambientais, senón que tamén para evitar os problemas que acarrea desfacerse deste residuo polas canerías, xa que provoca a súa obstrucción ao solidificarse e, en consecuencia, graves molestias e perxuizos para calquera domicilio ou comunidade de veciños. Así mesmo, se os aceites alcanzan as alcantarillas acumúlanse nas esquinas e favorecen a proliferación de colonias de roedores e, incluso, se se mesturan coa auga poden chegar a disminuir a súa calidade. En definitiva é un xesto co que gañamos todos”.

Sociedade