Para polbo Mugardos

A festa do Polbo celebrase en Mugardos o sabado 13 de xullo
09 de Xullo, 2019 - 02:25 h. | Publicada por Radio Fene

As rias galegas fornecen de polbo a Mugardos. Vanno necesitar este sabado para a súa festa que nos últimos anos aglutina a unhas 20.000 persoas.

ESCOITA O PODCAST:

O polbo á mugardesa viaxou este ano polas feiras gastronómicas do país. Desde que fora declarada de interse turístico de Galicia, a Festa do polbo de Mugardos non para de dar saltos cualitativos. Chega ao 29 aniversario con novos azos e sendo a porta de entrada ás festas do verán mugardés. Da festa do polbo e dos festexos que van do 13 ao 22 de xullo, falamos coa alcaldesa de Mugardos hoxe na Fenestra. Declarou Pilar Díaz que o sabado se repartirán 1500 kg de polbo procedente de todas as rias galegas na carpa da festa pero os restaurantes venderán outras tantas.

Unhas 20.000 persoas participaron na última edición da festa do Polbo e agardan que non serán menos este ano. Desde onte os mugardeses recollen os seus tikets para non ter que facer cola. A Charanga Mekánica e Kilomberos de Montealto animarán a xornada que rematará coa verbena amenizada pola orquestra Claxon. Despois dese día as festas do Carme chegan a Mugardos con actuacións de moita calidade, en palabras da alcaldesa.

As belgas Ialma, La Guardia, Miguel Costas (ex de Siniestro total) Susana Seivane,  e así ata o domingo 21 último dia das festas de Mugardos, co Festival da Canción Mariñeira.





 

Cultura

Publica o teu comentario agora