ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes, a través da concellería de Sanidade, está a realizar un novo ciclo de charlas informativas polas parroquias do municipio. Unhas charlas que tratan sobre a reciclaxe de medicamentos, dando información acerca do que se debe facer cun medicamento caducado ou rematado.
As primeras destas charlas, celebradas en Beán e Santa Cruz de Montaos contaron cun gran éxito de participación, tendo lugar a seguinte o vindeiro venres 8 de abril na parroquia de Pereira. Estas charlas están impartidas por Rosa Celia Otero Raña, licenciada en Farmacia e especialista en Nutrición e Dietética.
En canto a próximas citas, o calendario de charlas será o seguinte:
8 de abril: Pereira (Escola Unitaria- Centro Social)
- 15 de abril: Poulo (Escola Unitaria- Centro Social)
- 29 de abril: Parada (Escola Unitaria- Centro Social)
- 6 de maio: Mercurín (Escola Unitaria- Centro Social)
- 13 de maio: Buscás (Escola Unitaria- Centro Social)
- 20 de maio: Vilamaior (Escola Unitaria- Centro Social)
- 27 de maio: Barbeiros (Escola Unitaria- Centro Social)
- 3 de xuño: Mesón do Vento (Recinto feiral)
- 10 de xuño: Leira (Escola Unitaria- Centro Social)
- 17 de xuño: Lesta (Escola Unitaria- Centro Social)
- 24 de xuño: Ordes (Casa da Cultura) Todas as charlas terán lugar de 18 a 20 horas.