Para superar a marimorena

Para superar a marimorena

29 de Novembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Cerceda

“Queríamos superar a marimorena e os peixes no río e renovar o cancioneiro de Nadal” afirma Lolo Arincon de Xonix records. Pedíronlle a 13 bandas galegas de rock, punk, ska, pop e folc a composición de panxoliñas orixinais. E puxéronse a gravar nos seus estudios de Silleda.

Nadal. 13 panxoliñas orixinais de 13 bandas galegas actuais. Esa é a produción de Xonix records que se anuncia para este nadal. Unha iniciativa de Xonix records, estudio de gravación e discográfica establecida en 2011 en Silleda. Laura Romero encargouse do deseño da portada. Participan na produción: Espiño, Esposa, Ruxe Ruxe, Raiba, Zenzar, Maskarpone, The Lakazans, Acidproject, Tu mujer nos engaña, Liviao de marrao, Som do Galpom, Oscar Avendaño e S4N7. O disco preséntase este xoves no pub A Reixa de Santiago de Compostela, e poderáse adquirir nas plataformas dixitais desde o un de decembro. Tamén en puntos de venda espallados por toda Galicia.

Sociedade