Parabéns á agrupación teatral A Tenencia de Redes

Eugenia Sanmartín e o seu grupo recolleron os galardóns na Gala do Teatro Colón
03 de Xullo, 2019 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

Dous premios do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña recaeron na directora, Eugenia Sanmartín e no espectáculo "Escenas escollidas".

ESCOITA O PODCAST:

Dobre recoñecemento para 'A Tenencia Teatro' no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. Premio á mellor dirección artística para Eugenia Sanmartín e premio á mellor obra senior para "Escenas escollidas" Este é o magnífico resultado do paso do grupo 'A Tenencia Teatro' polo XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

A galardoada, Eugenia Sanmartín, amosouse emocionada polo premio persoal e tamén polo colectivo porque o grupo A Tenencia, da Agrupación Instructiva de Caamouco (Redes) é como a súa segunda familia. Recolleron os galardóns o pasado venres na Gala celebrada no Teatro Colón de A Coruña.

Na outra faceta artística e profesional de Eugenia Sanmartín, na da música anunciounos a actuación na Agrupación Instructiva de Caamouco o sabado dia 6 de xullo, co seu grupo “Maina Materia” na festa de fin de curso das escolas da Tenencia. O dia anterior, o venres 5 de xullo, actúa Eugenia Sanmartín en solitario, no bar J.M. de Perlío, nunha festa portuguesa na que cantará o seu repertorio brasileiro.

Cultura

Publica o teu comentario agora