Parabéns a unha vila centenaria

O 30 de decembro cumple Pontedeume 750 anos de existencia
03 de Setembro, 2020 - 01:49 h. | Publicada por Radio Fene

A cebada, o viño, a carne ou as castañas conformaban a dieta eumesa na Idade Media. Tamén estas cousas forman parte da memoria de Pontedeume que suma 750 anos.

ESCOITA O PODCAST:
Juan Coira e Adrían Ares, organizadores dos actos en Pontedeume

Pontedeume celebra por todo o alto os 750 anos que cumple a fundación da vila por Alfonso X o Sabio en 1270. Podemos ver xa a exposición “ 750 anos construíndo a historia de Pontedeume” inaugurada na Casa da Cultura e que permanecerá aberta ata o día 4 de novembro. Unha exposición comisariada por Carlos de Castro, Juan Coira e Adrián Ares, organizadores tamén das Xornadas que completarán o relato da historia local de Pontedeume no próximo mes de outubro. Conforman a exposición un total de 30 paneis cun eixe principal, os documentos máis emblemáticos da historia da cidade que inclúen escritos, planos, fotografías, cartografía e historiografía. Con todo isto fáise un relato histórico dos 750 anos do destino de Pontedeume. Afirma Juan Coira que quizás o que máis chame a atención do público sexan os documentos máis antigos que falan da muralla ou da ponte, símbolo indiscutible de Pontedeume que sofríu numerosas reformas e sempre serviu de nexo entre o norte e o sur. Todas as reformas están na exposición ata a última construcción do século XIX. Na mostra pódense ver imaxes inéditas da ponte dos xabaríns.

“As xornadas veñen complementar o relato da exposición” comenta Adrián Ares para engadir que involucraron para iso a diferentes profesores e historiadores da zona e persoas que escribiron na revista Cátedra para falar sobre diferentes aspectos da historia eumesa. Cita a Bernardo Máiz, Juan Carlos Arias ou a Alexandre Caínzos. As xornadas guiaranse polas normas sanitarias obrigatorias. A Covid19  non detivo ao concello de Pontedeume á hora de festexar o seu aniversario que terá o día central o día 30 de decembro. A mostra pode visitarse na Casa da Cultura de Pontedeume a diario, de 18.00 a 20.00horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora