Parabens a Os Casais

Un profesorado que se esforza e un alumnado agradecido.
20 de Xuño, 2019 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

O Colexio Os Casais de Maniños ven de ser distinguido pola Xunta de Galicia, pola formación permanente do profesorado. Foi un dos oito centros galardoados de todo o país.

ESCOITA O PODCAST:

O Colexio Os Casais de Maniños distinguido pola Xunta de Galicia pola formación permanente do profesorado. Foi un dos oito centros públicos seleccionado pola Consellería de Educación para recoñecer a calidade dos plans deseñados polos colexios para mellorar a organización e contribuir á elaboración e uso dos recursos multimedia interactivos.

A directora do centro de Maniños, Lorena Pita (á esquerda da imaxe) explica que son catro os programas que contribuiron ao premio, dotado con 2000 euros. O Plan de plurilingüísmo, que pon o acento no inglés, o Programa TEI- Titoria entre iguais- o Piteas e a Robótica. Este último do máis exitoso entre o alumnado.

O premio ven moi ben a estas alturas, cando acaba o curso. Toda a familia escolar contenta por esas dúas razóns, o premio e as vacacións. Coas notas na man, o alumnado marcha mañá. Como o tempo non animaba moito, Os Casais non fará festa de fin de curso este ano. Deixanna para setembro cando empece o novo. A matrícula segue aberta e están contentos no centro de Maniños porque o curso que ven empeza un bo número de alumnos e alumnas novas.

Institucional

Publica o teu comentario agora