Participa no primeiro serial de RTVA

Participa no primeiro serial de RTVA

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz pon en marcha unha novidosa iniciativa televisiva: o primeiro serial de Radio Televisión de Allariz (RTVA). A integración de distintas áreas e departamentos do Concello de Allariz permitirá elaborar un proxecto conxunto con dous obxectivos claros “dotar de contidos a Radio Televisión de Allariz e incentivar a creación dun espazo de lecer e formac

Para comezar a traballar neste proxecto, no que poderán participar mozos e maiores sen límite de idade, e lograr os devanditos obxectivos, os departamentos organizadores convocan unha reunión informativa para mañá ás 19.30 horas na casa da Mocidade. “ Estanse a buscar colaboradores para participar nas distintas seccións: guionistas, cámaras, realizadores, actores e calquera outra contribución como pode ser no atrezo ou no vestiario” sinalaba a dinamizadora.

Sociedade