Partido fundamental

Partido fundamental
06 de Febreiro, 2022 - 08:30 h. | Publicada por Radio Fene

Na Primeira Galicia de fútbol, o lider, Cultural Maniños,  recibe ao quinto clasificado. Un partido fundamental para o adestrador do Maniños Pablo Mesa, xa que unha vitoria permitiría poñer terra de por medio entre o primeiro e o cuarto clasificado. O obxectivo do equipo branco é clasificarse entre os tres primeiros para garantir o mantemento da categoría. Maniños – Sporting Ciudad. Ás cinco desta tarde no campo do Pote. Pita o colexiado Fernando Caruncho. Na mesma categoría e no mesmo grupo, visita o campo dos Pinares en Perlío o segundo clasificado o Ural. .Un clube histórico e referente na cidade da Coruña no deporte de formación, no deporte base, segundo lembra o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. Perlío – Ural. Ás catro e media desta tarde no campo dos Pinares, co arbitro Francisco Piñón.

Fotografía Xan Xe Corral

Segunda Galicia.

Un Barallobre en racha recibe a un ferido Mandiá, que ven de empatar na casa co Narón O Freixo. O adestrador do Barallobre Oscar Varela lembra o partido de ida cando o Mandiá gañou 1-0, pero foi un encontro moi igualado. Barallobre – Mandiá. As catro e media da tarde no campo do Ramo. Dirixe o colexiado Sergio López.

O filial do Maniños recibe ao lider do seu grupo o Narahío.No partido de ida puido darse calquera resultado, lembra o mister do Maniños B Manuel Freire.  Maniños B – Narahío. Ás doce e cuarto do mediodia. Árbitro: Martin Zakaryan.

Na Copa de futbol sete feminino, o Maniños xoga en Cedeira contra o Discalzas ás doce. Se o equipo adestrado por Carlos Gómez, gaña, pasará ás semifinais do torneo. 

 

Fotografía Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora