Paso do ecuador

Paso do ecuador
11 de Outubro, 2019 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío quere manter o líderado da Segunda Galicia de fútbol ao chegar ao ecuador desta fase da competición. Xógase a quinta xornada nunha fase que rematará o vintecatro de novembro. Recibe este domingo ás cinco da tarde ao Meirás no campo dos Pinares. Arbitra Joan Condurat. O Cultural Maniños debe puntuar en Mugardos para non perder a estela do lider. Xoga co Galicia B, o domingo ás cinco e media na Pedreira. Pita o colexiado Iván Garcia.

Cultural Maniños. Segunda Galicia de fútbol

O Pote aspira a consolidar a súa posición de revelación da categoría. Visita o campo da piscina en San Sadurniño. Xoga o domingo ás cinco e media da tarde. Dirixe o encontro Pablo Carballal. E o Barallobre intentará lograr os primeiros puntos no seu cuarto partido. Xoga co Vilarmaior o domingo ás catro e media da tarde. Arbitra Cristian Santos.

Deportes

Publica o teu comentario agora