Pastelería Martínez de Fene, o mellor escaparate

Pastelería Martínez de Fene, o mellor escaparate

29 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

 A pastelería Martínez de Fene alzouse co premio do III Concurso de escaparates de Primavera 2014. Recibiu o premio por partida dobre xa que acadou o beneplácito do xurado e dos clientes. Os premios entregáronse o domingo durante a celebración da I feira de segunda man e troco organizada polo concello de Fene.

P { margin-bottom: 0.21cm; }

Un xurado profesional e un xurado popular valoraron os 5 escaparates participantes (A Xoaniña, tenda de labores; Manlela, artesanía especial Bebé; Floristería Azalea, Pastelería Martínez, Salón de perruquería e beleza Yolanda Vizoso), resultando gañador en ambas modalidades a Pastelería Martínez. Así mesmo realizouse o sorteo dos premios para os clientes que participaron no concurso.

Sociedade