A pataca, reina nos bares de Fene

A pataca, reina nos bares de Fene

02 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Elaborar unha tapa na que o seu ingrediente principal sexa a pataca. É o único requisito para participar no I Concurso Gastronómico da pataca que organiza a concellería de Promoción Económica de Fene. As tapas ofreceránse gratuitamente xunto coa consumición nas fíns de semana, entre o 18 e o 27 de outubro. Os clientes optarán a tres premios.

A pataca cobrará protagonismo nos bares de Fene, na segunda quincena deste mes de Outubro. Está aberto o prazo para que os establecementos de hostelería se inscriban no concurso ata o mércores dia 9.  Deben facelo no Rexistro xeral do Concello de Fene. Os hosteleiros querían outra iniciativa a maiores do concurso de tapas para mover o sector. Agora fáise coa pataca pero no futuro podería repetirse a cita con outros productos como base, segundo o concelleiro fenés de Promoción Económica, Juan José Franco.

O venres 18 de outubro abrirase o concurso e pechará o domingo 27. Desenvolverase nas duas fins de semana , de venres a domingo e as tapas serán gratuítas. Nesta ocasión será o público o que decida o gañador. Os clientes terán a sua recompensa porque entre todos os votantes que selen o 50% da tarxeta Fenerruta, sortearanse tres premios. Premios modestos, segundo Juan José Franco, pero que implican aos hosteleiros cos clientes.  Consistirán nunha cea para dúas persoas no local gañador; unha cea para dúas persoas no local subcampión do concurso e por último nun vale por valor de 40 euros para consumir nos comercios adheridos á asociación “ O Cruceiro”.

Sociedade