Patria e violencia na Primeira Guerra Mundial

Patria e violencia na Primeira Guerra Mundial

09 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Hai cen anos, os nosos avós e avoas coñeceron unha guerra que cambiou o seu mundo e o noso”, asegura o catedrático Lourenzo Fernández Prieto en alusión á I Guerra Mundial, da que agora a USC en colaboración coa Fundación Barrié dan conta no ciclo de conferencia ‘100 anos da guerra que cambiou a sociedade’. Especialistas internacionais achegan a sú

Homes e mulleres responderon á necesidade de ser excepcionalmente violentos en tempos de guerra. A historiadora británica Joana Bourke intenta dar resposta a unha serie de preguntas que indagan nas estratexias empregadas para asumir este cambios nas súas circunstancias ou cal foi o impacto da guerra a longo prazo. A partir destas ideas reflexiona sobre como entendeu a xente da época o combate na primeira Guerra Mundial e cal foi o legado a longo prazo da contenda.

A próxima cita do ciclo será o mércores 15, cando o profesor da Universidade Paul-Val’ery Montpellier III Fréderick Rousseau, pronunciará a lección titulada ‘É suficiente con ser patriota para ir á guerra? Repensar as mobilizacións de 1914 dende as ciencias sociais’. Seguiranlle dúas intervencións do ciclo na sede da Fundación Barrié na Coruña, da man de Ángel Luís Hueso Montón que proporá unha reflexión sobre a capacidade do cinema como testemuña e intérprete do acontecido hai cen anos e de Eduardo González Calleja que aludirá á guerra encuberta das potencias belixerantes en España. De xeito complementario celebranse tres proxeccións de documentación da BBC coa primeira gran guerra como fío argumental.

Sociedade