Patricia Kraus presenta na Coruña o novo traballo Retrocollection

Patricia Kraus presenta na Coruña o novo traballo Retrocollection

12 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A cantante, filla do tenor Alfredo Kraus, presenta o seu último disco Retrocollection este sábado 16 ás 20.30 horas. No concerto interpretará versións de clásicos do soul, jazz e blues. Estará acompañada do pianista italiano Gherardo Catanzaro. Ademais de presentar Retrocollection, interpretará temas do seu anterior traballo Vintage Fun Club e presentará, en primicia, tema do seu último traballo DivaJazz. Será o seu

O disco Retrocollection está concibido coma un concerto en vivo, mantén o espírito das cousas efémeras, intensas, levouse a cabo ensaiando primeiro e gravando do tirón, sen tomas repetidas e deixando un lugar a partes improvidadas, "para que pueda surgir la magia’ afirma Patricia Kraus. Interpretará temas como Miss cellies blues, de Quincy Jones, Moon River, de Henry Macini, I’d rather go blind, de Etta James, a aria Je crois entendre encore de Les Pecheurs de perles de Bizet que, como ela mesmo recorda, tantas veces escoitou entre bambalinas. Trátase dun traballo moi persoal no que cada tema ten un significado especial para a cantante.

 
Gabada pola crítica especializada, cunha técnica que lle permite cantar o que queira e como queira, dixeron dela que era a ‘Aretha española’. Patricia Kraus comezou os seus estudos musicais aos nove anos, despois ampliaría a súa formación vocal xunto á soprano Lina Huarte e co seu pai, o mítico tenor Alfredo Kraus. A pesar da súa formación clásica decántase pola música moderna publicando varios traballos como autora e cantante dentro do pop: Patricia Kraus (1987), De Animales y de Selva (1989) ou El Eco de tu Voz (1991). Tras esta etapa evoluciona cara outras formas musicais interesándose especialmente pola investigación da voz e dos ritmos, e inclínase cara unha música máis alternativa e independente.

Sociedade