Patrimonio aproba o proxecto que permitirá darlle unha nova cara á praza da Capela do Carme

Patrimonio aproba o proxecto que permitirá darlle unha nova cara á praza da Capela do Carme

09 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes conta co beneplácito da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña, dependente da Consellería de Cultura, para acometer os traballos que permitirán renovar o aspecto estético da praza da Capela do Carme. O goberno municipal recibiu o documento que avala a reurbanización deste espazo e que suporá un desembolso de 250.000 euros, con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local.

 

Sociedade