Patrimonio autoriza as primeiras intervencións de restauración no Pazo e a finca de Goiáns

Patrimonio autoriza as primeiras intervencións de restauración no Pazo e a finca de Goiáns

22 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, aprobou onte martes, nunha sesión á que asistiu o Alcalde de Boiro, D. Xosé Deira Triñanes, as primeiras intervencións de restauración no Pazo e a finca de Goiáns proxectadas polo goberno de Boiro. Trátase dos proxectos “Recuperación paisaxística do contorno do Pazo – Torre de

Deste xeito, e a través dunha enmenda aos orzamentos xerais do Estado para o 2011,  xa se consignou unha partida orzamentaria de 500 mil euros para executar o proxecto que inclúe a substitución da teitume de todo o inmoble, incluída a capela e os lagares. Esta primeira intervención recolle tamén a colocación de tódalas fiestras e portas, realizadas en materiais acordes co entorno, que preservarán a súa singularidade.

Por outra banda, o “Proxecto de Recuperación Paisaxística do Pazo- Torre de Goiáns” financiarase cos outros 204 mil euros logrados da Deputación da Coruña, a través do Plan de Cooperación cos Concellos 2008 – 2011 (PCC). Esta actuación agrúpase en dous aspectos principais:

-  Tarefas de limpeza e desbroce da parcela sobre a que se centra a actuación, xa que polo paso dos anos, atópase claramente degradado. Esta actuación, que implica tarefas mecanizadas e manuais, en función da accesibilidade da zona, abarca case 48.000 metros cadrados, centrados na parte norte e sur do terreo do pazo.

-  Una vez limpo e con posibilidade de acceso, acometeranse as tarefas de renovación e de recuperación dos muros perimetrais da parcela, incluídos os elementos de forxa de portas e peches menores. Na actualidade, a parcela do pazo dispón de 1.972 metros lineais de muros de mampostería ordinaria de granito, con alturas variables entre os 1,5 e os 4,5 metros cadrados, obténdose unha superficie de case 5.000 metros cadrados. Deste total, preténdese a actuación nas partes que presentan derrubes parciais, para recuperar o seu aspecto orixinal. En total se pretende a recuperación de 700 metros cadrados de muros de mampostería de granito.

-  Recuperación dos xardíns orixinais, de traza afrancesada, principalmente mediante a recuperación dos setos de arbustos que delimitaban as áreas axardinadas. Preténdese a recuperación de 200 metros lineais de distintos tipos de arbustos. Igualmente, xunto coa actuación nos setos dos xardíns, preténdese a recuperación das trazas orixinais dos camiños, de clara influencia nos típicos tridentes dos xardíns franceses do século XVIII, recuperando así paisaxisticamente o pazo de Goiáns, facendo posible un percorrido a pé tal e como foi definido orixinariamente.Cómpre lembrar que, ademais destes investimentos logrados doutras administracións, o Goberno central destinou 4 millóns de euros ao Concello de Boiro para a compra do conxunto histórico, de tal xeito que non supuxo ningún desembolso ás arcas municipais do Concello.   

Cultura