Paula Carballeira estrea en Narón

Paula Carballeira estrea en Narón

29 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Escola Municipal de Teatro de Narón estrea unha obra de Paula Carballeira "A porta das mentiras", escrita por encarga. Os actores e actrices da Escola escollen cada ano un autor ou autora galegos para encargarlles unha peza coa que traballar durante o curso. Ao final do mesmo, chega a estrea. 

Á estrea asistirá mañán dia 30 de xuño, a autora Paula Carballeira, que concebiu unha historia que xira arredor da mentira. As mentiras que conta un neno ou unha nena á que os pais advirten de que se se abre a porta das mentiras, logo non pode pecharse.

A autora dá ao grupo as consabidas directrices e pode seguir os ensaios durante o curso. A verdade é que Carballeira déulles absoluta liberdade e así disfrutará máis mañán como espectadora. A representación será ás 8 da tarde no Auditorio Municipal de Narón.

Paula Carballeira gosta de escribir, a piques está de publicar un novo libro de poesía; gosta de dirixir e actuar, aínda anda polos escearios con Berrobambán e as duas últimas pezas; gosta de contar historias, e en Setembro marcha a Perú con algunhas no bolso; mentras que disfruta dun merecido descanso da serie da TVG Libro de Familia, na que encarna á inseparable Carmiña que a acompaña aló onde vai.

Sociedade