Paxaros e froles

O autor defende que a infancia, os nosos dez primeiros anos de vida son os que contan ao final
14 de Maio, 2019 - 02:06 h. | Publicada por Radio Fene

"Una historia de pájaros y flores" é a terceira novela de Fernando Álvarez

ESCOITA O PODCAST:

“Una historia de pájaros y flores” Un sinxelo título para a novela dun ferrolán, Fernando Álvarez (na imaxe) hoxe xubilado que anda a cabalo entre Madrid e Ferrolterra. Foi traballador de Imenosa ata 2001 e Amigo do Museo do Humor de Fene. Esta é a súa terceira novela, a máis filosófica, segundo as palabras do autor e a máis auténtica. Antes publicou, “El viaje de regreso” (2010) , unha obra de teatro “ El Ático- O Ático” e “Nuestro viejo faro”.

Fernando Álvarez falounos dela esta mañá no programa A Fenestra de Radio fene. A infancia en Perlío marcou a este autor que agora non para de escribir. Neste momento prepara, a un tempo, unha obra de teatro e as súas memorias. “Una historia de pájaros y flores”, de Garañón editores, xa está á venda nas librarías.

Cultura

Publica o teu comentario agora