Paz Andrade: “Castelao quería unha Galicia desintoxicada”

Paz Andrade: “Castelao quería unha Galicia desintoxicada”

25 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Castelao quería unha Galicia desintoxicada e moderna" afirmaba Valentín Paz Andrade en declaracións realizadas a Radio Fene en 1986. "Como ideólogo foi innovador, xa que dicía que non cando todo o mundo dicia que sí, á oligarquia polas rutinas e pola cobardía" engadía o avogado, ao que se lle adicará o Dia das Letras Galegas do 2012.

Valentín Paz Andrade naceu en 1898 e morreu en 1987. Poeta, avogado e xornalista que dirixiu nos anos vinte o diario “Galicia”. Impulsor de Pescanova, perseguido e represaliado na posguerra, transformouse nunha das voces máis autorizadas do galeguismo. Amigo persoal de Castelao, protagoniza unha completa autobiografía que a finais de outubro publicará o clube de lectura Biblos. Nas últimas décadas, Valentín Paz Andrade criticou con dureza as actuacions que supuxeron a desaparición do Partido Galeguista ou o erro de manter as Deputacións no estado autonómico.

Sociedade