Pechando o mandato

A corporación de Fene axustou as contas antes de acabar o mandato dentro dunha semana
30 de Abril, 2019 - 12:03 h. | Publicada por Radio Fene

Fene xa ten cubertas as mesas electorais para a cita do 26 de maio. A través dun sistema informático, elexíronse os presidentes e vogais das mesas electorais para os comicios locais e europeus.

ESCOITA O PODCAST:

A corporación de Fene reuniuse en pleno extraordinario ás nove da maña, para realizar o sorteo dos membros das mesas electorais con motivo das eleccións ao Parlamento Europeo e ás eleccións locais do 26 de maio. Feito o sorteo, comunicarase persoalmente aos veciños-as elexidos a súa obriga legar de conformar as mesas.

Ata cinco modificacións ou suplementos de crédito pasaron o filtro da oposición que se abstivo para que prosperase, non sen as críticas oportunas á xestión do goberno municipal. A finalidade é abonar facturas atrasadas, a maioría do consumo enerxético, desde o ano 2015 ao 2018. O PSOE botou a culpa aos dous gobernos do BNG e PP e cada un deles defendeu a súa xestión.

No ultimo apartado, someteuse a aprobación a execución dunha serie de obras que non estaban previstas e que é necesario executar. Para iso se reserva un remanente de 304.000 euros. Entre elas están a reparación do colector do Sartego, reparacións nos parques infantís, reparación do ascensor no Centro de Saúde, tamén da cuberta da Casa da Cultura, dúas axudas aos colexios A Xunqueira e IES Fene, a reparación da Praza Verde, a execución dun novo baño no ceip Centieiras, un sistema radiante para Radio Fene ou pagar as expropiacións no concello de Ares para a EDAR. A pesar de acusar ao PP de falta de previsión, e de non ter incluído estes investimentos nos últimos orzamentos ordinarios, os grupos da oposición EU, BNG e PSOE abstivéronse neste punto para que prosperasen as obras que si son necesarias, segundo concluiron.

Institucional

Publica o teu comentario agora