Peche definitivo da escola do Seixo

A reunión coa Xunta rematou co peche da escola de Mugardos
09 de Agosto, 2019 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

Educación pecha a escola infantil do Seixo. Recentemente, a consellería de educación anunciou as modificacións das unidades e postos de traballo docentes en centros públicos para o próximo curso. Nesta ocasión foron 6 as escolas que se pecharán en toda a comunidade, entre elas a de Mugardos, xa que o centro conta só con 5 nenos matriculados, menos dos que demanda a Xunta.

A reacción foi inmediata, a alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz e a concelleira de educación Lola González, reuníronse onte co responsable de educación na provincia, Indalecio Cabana.Pedíase o retraso do peche da escola ata setembro e que o período de matrícula permanecese aberto ata ese momento, pois con tan só unha matrícula máis, a escola chegaría ao mínimo de alumnos necesario.

Sen embargo a reunión culminou coa negativa da Xunta. O peche da escola para o próximo curso é definitivo, aínda que se deixa a posibilidade de reabrir o centro nos próximos anos se o alumnado pasa a ser suficiente.

Sociedade

Publica o teu comentario agora