Pedro Feijoo: “Escribín a novela que desexaba como lector”

Pedro Feijoo: “Escribín a novela que desexaba como lector”

14 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Con mirada de lector, máis que de escritor, afrontou Pedro Feijoo o reto de dar forma a súa primeira novela, Os fillos do mar. “Quería conseguir un deses textos que te chaman a berros pola noite para que te metas na cama con el”, explica o ex integrante de Lamatumbá, quen decidiu botar man dunha linguaxe directa e clara, un ritmo alto e doses de humor. Atendendo as boas cifras de vendas que esta obra editada por Xerais está a conseguir nas súas

O protagonista da novela é Simón Varela, un arquitecto que un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a obra, atopa un cofre pechado e, a partir de aí, vese involucrado nunha intrigante trama. 

A historia lévanos polo Vigo de hoxe e polo de onte, convertendo a urbe nunha protagonista máis do libro. “A cidade está chea de recunchos que teñen moita historia detrás e que pouco a pouco se vai esquecendo”, explica o autor de Os fillos do mar.

Cultura