A pegada de “Brais Pinto. O afiador revolucionario” no panorama cultural galego dos anos 50

A pegada de “Brais Pinto. O afiador revolucionario” no panorama cultural galego dos anos 50

20 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Madrid, 1958. Un grupo de mozos galegos, traballadores e estudantes, únense por unha mesma razón: son galegos. Son galegos militantes, pero con esa militancia natural e espontánea de quen non ten que demostrar nada. Úneos ademais o voto de querer situar a Galicia en Europa, no mundo que avanza e plásmase en novas manifestacións artísticas e políticas. Len a Borges, á xeración Beat, a Camus, explicu en Radiofusión Patricia Amil, com

Aqueles mozos, estudantes de tendencias esquerdistas, uníronse baixo a denominación de grupo Brais Pinto. Entre eles atopábase Xosé Luis Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez, Ramón Lourenzo, Uxío Novoneyra, César Arias, Herminio Barreiro, Aleixandre Cribeiro, Manoel María ou Ben-Cho-Shey.

A mostra divídese en tres apartados diferenciados. Unha primeira parte adícase á contextualización do grupo no eido político, social e cultural. Nun segundo apartado dáse a coñecer o grupo. Son un colectivo “madrigalego” que desenvolvían numerosas actividades culturais no Centro Galego de Madrid e daban clases de galego a grupos do máis variopintos. Organizaban tamén actividades lúdicas como a celebración de magostos á beira do Manzanares e crean a súa propia editorial “Brais Pinto”. A terceira parte da exposición denomínase “O conseguinte” ou “As portas que se abriron” onde teñen cabida os xermolos deixados por este colectivo: os cementos da UPG, a fundación da Nova Narrativa Galega ou a Escola da Tebra entroutros.

O nome de Brais Pinto responde a un conto metáforico sinalou Amil. A historia xira arredor dun afiador de Nogueira de Ramuín (Ourense), que deu a volta ao mundo. "Intrépido, vagabundo e galego sempre», escribía Ferreiro dando resposta aos que preguntaban pola orixe do nome da editorial. En liñas xerais, as súas bases ideolóxicas consistían en reactualizar o legado do Partido Galeguista e darlle unha nova orientación ao nacionalismo galego. Disólvese en 1964 pero permanecen, como referente, para as loitas nacionalistas de Galicia pero sobre todo, supuxo o xermolo dunha destacada xeración de artistas. A organización desta mostra retrospectiva serveu de excusa para xuntalos todos, pois aínda que manteñen o contacto resulta difícil velos todos reunidos, destacou satisfeita a comisaria.

Cultura