Pendura o mandil do balcón ou da xanela

Galegas 8M recomenda non consumir o 8 de marzo para visibilizar o ilóxico do sistema
05 de Marzo, 2019 - 09:22 h. | Publicada por Radio Fene

O 8 de Marzo tamén está convocada unha Folga de Consumo porque as mulleres ocupamos un espazo importante no sector dos servizos e nos traballos máis precarizados do mercado de consumo.

Galegas 8M non so convoca unha folga xeral de traballo senón tamén outra de consumo. Qué significa Folga de consumo? As súas razóns:

Visibilizar ante a sociedade a necesidade de rachar coa lóxica do consumo capitalista que reforza a desigualdade das mulleres dentro do sistema. Visibilizar que as mulleres ocupan un espazo importante no sector dos servizos e nos traballos máis orecarizados do mercado de consumo. Reivindicar que as mulleres galegas loitan pola soberanía alimentaria dos pobos e contra o empobrecemento das mulleres en todo o planeta. Non contribuíndo á explotación de ningunha persoa, nen no noso país nen en ningún outro para satisfacer o noso consumo.

Como se fai a folga de consumo?

. Non consumir o 8M facilita a folga ás mulleres que queren sumarse.

. Non mercar durante o 8M axudando a parar a lóxica do consumo capitalista.

. Informando os dias previos, en comercios e tendas locais, a necesidade de apoiar un modelo de consumo alternativo e sostible.

. Axudando ás traballadoras a que os seus establecementos podan pechar neste dia de folga.

Sociedade

Publica o teu comentario agora