As Peninsulas & Continentes de María de Medeiros saen á venda

As Peninsulas & Continentes de María de Medeiros saen á venda

22 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O segundo álbum de María de Medeiros pónse a venda este martes 23, ainda que tardará unhas semanas en Portugal (1-03) e Francia (6-04). A cantautora portuguesa ofrecerá concertos en Barcelona (26-03) Lisboa (7-04) e París (12-04) segundo anuncia na súa páxina web.

"Penínsulas & Continentes", relata unha viaxe musical entre as penínsulas ibérica e itálica, e os continentes americano e africano. Misturanse cancións de resistencia de Victor Jara e José Afonso con temas africanos de Waldemar Bastos e Duo Ouro Negro e pezas de rock brasileiro e español, de Lenine e El último de la fila. A variedade de línguas utilizadas crea unha trama melódica. O portugués, español, italiano, catalán e inglés represéntanse como idiomas das penínsulas e dos continentes. Mensaxes, murmúrios, berros, suspiros, risos forman un tecido de sentimentos nunha peregrinación intercontinental.

Cultura