Pensando no futuro

Pensando no futuro
19 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mocidade o Desenvolvemento Sostible centran dúas das iniciativas nas que está a traballar a área de Benestar do Concello de Fene. A pedagoga municipal María Xosé Paz deu conta delas en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Mozos e mozas de Fene, Neda e Mugardos son os destinatarios do programa Revolution que bota andar estes días. Fomentar a participación e recoller os intereses da xente nova son os obxectivos deste programa. Logo das xuntanzas celebradas en centros educativos, con alumnado a partir de 4º da ESO e de Bacharelato, este venres, ás seis da tarde, terá lugar un encontro de presentación e preparatorio das oito sesións previstas.

Obradoiro Todos os ODS son locais. Xoves 25 de abril ás dez da mañá na Casa da Cultura de Fene. Organiza o Concello de Fene, que xa ten aprobado un Plan de implementación dos ODS a nivel local,coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Institucional

Publica o teu comentario agora