Pensionistas que teñen que manter á xuventude

Pensionistas que teñen que manter á xuventude
26 de Agosto, 2019 - 11:42 h. | Publicada por Radio Fene

1256,86 euros. Esa é a cantidade media que perciben as persoas pensionistas en Fene, segundo os dados do Instituto Galego de Estatistica. No conxunto de Galicia o importe medio situase nos 930,58 euros.

En Galicia, 667.018 persoas cobraban pensión a finais de 2018. Ese dato en principio podería parecer moi positivo, pero a realidade nos fai poñer os pés na terra. Desa pensión en moitas ocasións teñen que vivir fillos, noras e netos. A terceira edade debe manter á xuventude que carece de empregos e de expectativas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora