Pepo Suevos en Fene

Pepo Suevos en Fene
06 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A praza do alcalde Ramón José Souto González, acolle este xoves, 7 de xullo, o segundo espectáculo do ciclo “Xullo, mes da Patria”, organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Desta vez, o protagonista será o monologuista Pepo Suevos co espectáculo “Humor salvaxe. O actor ferrolán chega a Fene disposto a deixar as cousas ben clariñas nunha sátira implacable e continua da que ninguén sairá ben parado agás o público, que non poderá deixar de rir con este monólogo no que se tocan temas de actualidade, pero tamén de toda a vida. Ademais de ser un dos cómicos máis transgresores e asilvestrados do país, capaz de alternar o humor máis intelixente coa burrada máis grande, Pepo Suevos é un “todoterreo” do espectáculo con máis de 1.500 actuacións e 20 anos de carreira. Coñecidas son tamén outras facetas súas como a de actor, guionista, “speaker” deportivo ou mestre de cerimonias en vodas e banquetes varios. A función comezará ás 21.00 horas con entrada libre e de balde.

Cultura

Publica o teu comentario agora