Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor convértense nun “comando tecnolóxico”

Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor convértense nun “comando tecnolóxico”

03 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Despois de miles de horas facendo rir en bares, os monologuistas Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor deciden dar o salto aos grandes escenarios para outorgarlle unha nova dimensión ao seu traballo. Preestrean o seu espectáculo conxunto, HaiPOD, este domingo na Sala The Star de Carral, co obxectivo de levalo despois de xira polos teatros. O título, no que xogan coas iniciais dos seus nomes, dá unha pista da temática na que se centrarán: a dependen

En HaiPOD estes cómicos queren fuxir do sistema do “monólogo sucesivo”. Incorporan ao seu espectáculo distintos recursos teatrais e prometen cantar, bailar, facer personaxes ou empregar a mímica. Aínda que aseguran que o texto “está moi medido”, deixarán tamén oco para improvisar e xogar co público. Defínense como un “comando tecnolóxico” cuxa misión é facer rir.

O espectáculo de Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor está producido por Airapro e amósase por vez primeira o domingo, ás oito da tarde, na Sala The Star de Carral.  

Cultura