Pequenos e maiores desfrutarán das actividades do Centro Cultural Recreativo de Vilalba para o Nadal

Pequenos e maiores desfrutarán das actividades do Centro Cultural Recreativo de Vilalba para o Nadal

11 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba presentou o seu programa de actividades para o mes de decembro, na que haberá tempo para pasar un bo rato en familia cunha festa infantil e a tradicional Cea-Baile de fin de ano.

Será o vindeiro sábado 19 de decembro cando os mais pequenos da casa teñan unha actividade ideal para pasar un bo rato entre doces e risas, gracias á merenda e a actuación do dúo de paiasos “Tontín e Listín”.

 

 

Xa para o xoves 31 de decembro haberá unha cita ineludible para os socios do Centro: a Cea-Baile. Este ano contará coa actuación do trío “Mayel”, ademais dunha barra libre para todos os socios que asistan a este evento, que debe contar cun mínimo de 50 persoas para a súa realización. O prezo desta última actividade será de 95€ por persoa, e a data límite para poder apuntarse será o sábado 5 de decembro.

Sociedade