Percorrido pola historia do grupo folclórico de Redondela

Percorrido pola historia do grupo folclórico de Redondela

15 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Multiusos da Xunqueira acolle dende mañá sábado 16 e ata mediados de novembro unha exposición na que se fai un percorrido pola historia do grupo folclórico de Redondela. Unha formación que viviu os seus anos de gloria dende o ano 1969 ata o 1976. Un período de sete anos que a través de imaxes, documentación escrita e un vídeo elaborado por Fernando Cuchi Carrreira centran a atención na mostra que se inaugurará o sáb

Trátase dun grupo formado por mulleres e homes pioneiros no baile galego local que contan no seu haber con recoñecementos tales como ter gañado en varias ocasión o Festival Rexional de Coros e Danzas ou prestixiar o nome de Redondela ante millóns de persoas ao chegar a actuar na OTI, o festival iberoamericano da canción. 

As circunstancias fixeron tamén que durante un período foran os encargados de bailar a danza das espadas nas Festas do Corpus, un feito completamente excepcional xa que por primeira e última vez entre os danzantes había tamén mulleres. 

Na inauguración de maña haberá ademais unha sentida homenaxe ao que fora o mestre do grupo Wenceslao Cabezas de Toro "Polo". A mostra completase coa exhibición de numerosos traxes que luciran os membros do grupo folclórico, trofeos, condecoracións e ampliación fotográficas.

Cultura