Perdimos dous puntos

Rosalía1- Barallobre 1
25 de Marzo, 2019 - 10:27 h. | Publicada por Radio Fene

A pesar do empate, o Barallobre continúa líder e depende de si mesmo. Ten por diante tres duros retos.

ESCOITA O PODCAST:

“Esta semana perdimos dous puntos en vez de gañar un” afirma Oscar Varela, técnico do Barallobre, despois do empate fronte ao Rosalía. Di isto porque realmente onte poideron voltar coa victoria na man. Sergio puido darlles a victoria despois de estrelar un balón na escuadra.

A primeira parte discurríu moi igualada, no entender do técnico do equipo fenés. Na segunda o Barallobre encerrou ao Rosalía no seu campo e mandou dous balóns ao largueiro. O bo é que o Barallobre continúa líder grazas a que empatou o Cariño. Así que o Barallobre aínda depende de si mesmo diante de tres duros choques que lle agardan daquí ao final da liga. O máis inmediato será no Ramo contra o Estrella que ten as mesmas aspiracións de gañar que eles. Vai ser, afirma Varela, un encontro moi disputado.

Deportes

Publica o teu comentario agora