Perdomo nos Curuxa

Entreganse os premios, inaugúrase a exposición e actúa David Perdomo.
25 de Setembro, 2019 - 02:04 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo do Humor acolle este venres a entrega dos premios do XXIII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene. Terá lugar a partir das 19 horas, coa recepción aos gañadores e a inauguración da exposición “Premios Curuxa 2019” e, sobre as 20 horas, dará comezo a entrega de premios, que concluirá coa actuación de David Perdomo.

O alcalde, Gumersindo Galego, presidirá este venres 27 de setembro o acto de entrega dos premios da XXIII edición do Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene. Un acto no Museo do Humor de Fene que dará comezo ás 19 horas coa recepción ós/ás gañadores/as do certame, continuará coa inauguración da exposición “Premios Curuxa 2019”. Sobre as 20 horas, arrancará a entrega formal dos galardóns, concluíndo coa actuación do humorista David Perdomo. A entrada é libre e dende a Concellería de Cultura, a edil de área, Rocío Bértoa, anima á veciñanza a acudir ao mesmo. A partir deste venres, poderá visitarse unha exposición virtual con todos os traballos presentados aos Premios Curuxa 2019 na páxina web do Museo do Humor (http://www.fene.gal/museo-do-humor/exposicions/gl).

David Perdomo

David Perdomo formouse en Casa Hamlet e na compañía Estragón, con quen fixo unha xira por toda España para posteriormente especializarse en humor e comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque. Durante dous anos viaxa a Avignon ata o Festival Internacional de Teatro para presentar traballos e aprender con personas do talle de Leo Bassi. En 2009 crea con Alberto Castaño “S Koruño”, unha parodia da sociedade da Coruña coa que se construíu unha lexión de seguidores. Nos últimos anos labrouse un nome na televisión en programas tan exitosos como “Land Rober” e “Ecce Perdomo”, programa que voltou este verán á TVG. Ao longo dos anos, a experiencia persoal e profesional serviron de escola para que as súas actuacións estean cada vez máis cargadas de franqueza e espontaneidade. Sempre facendo sátiras da sociedade. David Perdomo actua ás oito da tarde deste venres na Casa da Cultura de Fene, dentro dos actos de inauguración da exposición dos Premios Curuxa.

A Exposición

A exposición coa selección dos traballos presentados ao certame poderá visitarse ata o 16 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. A exposición consta de 45 debuxos. Amais dos traballos galardoados, amósase o debuxo finalista do certame, “Vigo Crismas Trí”, asinado por Joaquín Aldeguer López e David García Vivancos. Completan a exposición, na categoría Curuxa, obras de: Sara Jornet, José Rubio Malagón, Juan José Barro Canedo, Antonio Amado, Lorenzo, Sergio Ballester Redondo, Manuel Arriaga de León, Eduardo Pérez, Baamonde, José Luis López Sánchez, José Mansilla Barreiro, Juan Jesús Sánchez Torres, María José González Cortizas, Juli Sanchís Aguado, Rodrigo Mattioli, David Vela Cervera, Alberto Cardona Valcárcel, Celia Rodríguez Marín, Félix González Fernández, Rafael Costarrosa Romero (“Kosta”), María Alcañiz Lorenzo, Pedro Saura Calahorro, Gonzalo Muñoz García, Hugo Covelo e Nico Campos, Goizane Herrera, Eduardo Manuel Gea Martínez, María Álvarez Hortas, Raúl Salguero Llorens, Ainhoa Rodríguez García de Cortázar, Joan Subirana Queralt, Alejandro Almau Taboada, Alejandro Viñuela Agra (“Jano”) e César Ordóñez Mirón. E da categoría Curuxa Nova, as obras que se incluíron na exposición foron as de: Andrés Simal, Lucía Durán Carpintero, Juan Camilo Pino Garcés, Pedro Bouza Bernárdez, Miguel Bouzas Rodríguez, Marcelo Míguez Torres, Francisco Carmena Sánchez, Álvaro Xoan Vidal Pazos e Cristian Fojón Caruncho.

Cultura

Publica o teu comentario agora