A pericia no volante do VI Slalom Scratch Fene

A pericia no volante do VI Slalom Scratch Fene

30 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Escudería Scratch Fene espera que máis de 40 pilotos participen este sábado no VI Slalom Scratch Fene. As mangas de adestramento disputaránse dende pola mañá no parque empresarial de Vilar do Colo. A competición comezará ás seis e media da tarde, por segundo ano consecutivo, en horario nocturno.

O piloto de Muros Juan Lojo gañou as últimas tres probas do Slalom, e acude nesta ocasión á carreira co Campeonato Galego da especialidade xa no peto. Pero iso non restará un ápice de emoción á carreira, a mellor valorada da categoría pola Federación Galega de Automobilismo. A escuridade da noite, os faros dos vehículos, a iluminación do polígono aportarán espectacularidade nunha carreira que aspira a ser de novo considerada como a mellor proba de Galicia.

O Slalom é unha proba de velocidade pero tamén de pericia no volante. Os pilotos deben completar o circuito no menor tempo posible, sorteando os obstáculos distribuidos polo vial. Cada cono ou cada roda que tira, son 10 segundos máis de tempo que se acumulan polo que deben extremar a súa habilidade.

Deportes